Ofrecémosvos o texto da conferencia Carpintería de ribeira, patrimonio flotante e desenvolvemento local que dou Dionisio Pereira no marco das I Xornadas de Traballo da Asociación Galega de Carpintería de Ribeira. “Un Mar de Madeira”.
Neste traballo o punto de vista vai mais alá da actividade meramente productiva, para estudiar a situación do sector desde o punto de vista do patrimonio e sobre todo das posibilidades da carpintería de ribeira como motor de desenvolvemento local.
Agradecemos ao autor a autorización para poder difundir aquí este traballo.
2 cometarios sobre “Carpintería de ribeira, patrimonio flotante e desenvolvemento local. Conferencia”
Comments are closed.
Aqui tedes un pequeno video das xornadas, feito polo equipo de todogrove.com
http://es.youtube.com/watch?v=xRfdqUt0sLE
Antes de nada gracias por ter subido o texto, pois non sempre é posible acudir a estas e poder ler con calma o documento é un detalle que agradecer (á tecnoloxía e, o máis importante, ás persoas que adican o seu tempo a ter esta información dispoñible).
Concordo nas máis das cousas co que se di, mais hai algo que nunca acaberei de entender. Refírome a posibilidad barallada de que no Museo do Mar fagan un obradoiro de carpinteiría de Ribeira. Para min iso é un sinsentido, pois sería descontextualizar o lugar de traballo do carpinteiro e, ollando á realidade, vemos lugares (penso agora no caso concreto de Bueu, pero tamén podería ser na Arousa ou en Aguiño, xa falando a outro nivel) que contan con auténticas carpinteirías de Ribeira, é dicir, enmarcadas nun contexto patrimonial moito máis vivencial.
É certo que tales proxectos deben ir unidos a accións (diría que plans) didácticas de tipo divulgativo, e porque non, con dimensión sociocultural (mesmo túristico, pois non se pode caer no erro de pensar que o turismo sexa malo en si, senon no modo que se xestione. E o sostibilidade económica ben pode ser un valor engadido, non un fin).
Vías de financiación existen, como ben se apunta. Interese por parte das administracións: pouca ou ningunha. Entón só hai unha saída.
Para min, esbozando só unha idea a desenvolver, sería interesante un proxecto conxunto entre a Asociación de Carp.de Ribeira + FGCMF, de posta en valor das Carpinteirías de Ribeira (sumando tamén casos de Carpinteirías que sen adicarse en exclusiva á embarcacións tradicionais, si teñan cabida; por exemplo: Garrido) e recuperación dalgunhas carpinteirías (caso de Bueu… podería ser Moaña) e crear un proxecto conxunto, estructurado, con perspectiva sociocultural que, cando menos, poda servir para que un ben patrimonial siga vivo e goce de mellor saude.