De boca en boca. Tradición oral mariñeira entre Aldán e A Guarda. Libro

Ven de publicarse o libro De boca en boca. Tradición oral mariñeira entre Aldán e A Guarda, que recolle información dos concellos de Cangas, Moaña, Vilaboa, Soutomaior, Redondela, Nigrán, Baiona, Oia, O Rosal e A Guarda. Este libro foi editado co apoio financeiro do GAC7 Ría de Vigo-A Guarda.

O traballo foi elaborado polos membros de Ardora Formación y Servicios, que percorreron a costa do GAC7 e fixeron 41 entrevistas a persoas relacionadas co mar para recoller léxico e expresións propias da zona. Buscaban especialmente ver as diferenzas e semellanzas á hora de nomear as distintas especies, artes e maniobras de pesca, ademais de recoller os alcumes que ainda se seguen transmitindo de xeración en xeración. Este traballo permitiu documentar na zona de Arcade e Vilaboa termos en desuso como Arca e Couce para referirse a Estribor e Babor.