GalicianSeas Shipwrecks Finisterre quere poñer en valor o patrimonio subacuático da Costa da Morte e zonas limítrofes (o seu ámbito de traballo coincide co territorio do GAC4 Seo de Fisterra – Ría de Muros – Noia). O litoral que vai do Porto do Son á Fisterra está cheo de restos de naufráxios de barcos de todo tipo, época ou país. Desde pequenos pesqueiros á acoirazados, desde barcos medievais ata os naufráxios máis recentes.
O proxecto ten tres «patas», un web onde se poden consultar vídeos, audioguías e completa información sobre os naufraxios, unha oferta de buceo nos pecios a cargo de dúas empresas da zona, e dúas rutas en terra, con posibilidade de usar smartphones para poder ter in situ información sobre os pecios a través de QR ou NFC. A primeira das rutas é a dos Galeóns, que desde Fisterra ao Ézaro permite saber dos 28 barcos da flota de Padilla perdidos nun temporal en 1596. E a segunda, a Ruta dos buques de guerra, de Porto do son a Carnota, centrouse nos diferentes naufraxios da Armada Española e do acoirazado británico Captain.
Este proxecto dirixido polo arqueólogo Miguel San Claudio Santa Cruz, está promovido polo GAC4 e financiado pola UE a través do fondo Europeo da Pesca. Ademais de promover o coñecemento do noso patrimonio subacuático o proxecto busca tamén axudar a crear un turismo sostible, diversificado e non estacional.