Do 23 ao 25 de maio vai estar aberta en Vigo Navalia, a feira internacional da industria naval.
Tense dito moitas veces que so existirá cultura marítima se existe o mar como espacio vivo, de traballo, e non convertido nun simple museo, ou espacio para turistas.
O desenvolvemento da industria naval pasa hoxe en día pola innovación e a apertura a novos mercados. Esta feira é un bo exponente de ambas cousas.
Elementos que hoxe se presentan na feira como novedosos algún día serán parte do patrimonio, como hoxe sucede cos vapores, os primeiros barcos de ferro como o “Alfageme”, e algún día sucederá cos rampleiros.