O pasado día 17 de setembro tivo lugar unha reunión dos participantes galegos no proxecto Dorna para iniciar os traballos que van dar lugar a creación dunha base de datos do patrimonio náutico galego dentro dun proxecto máis amplo que abrangue Portugal, Pais Vasco, Bretaña, Escocia, e Irlanda do Norte O proxecto Dorna está liderado pola Deputación da Coruña e conta coa Consellería do Mar e o COAG como socios e coa FGCMF e o COIN como asociados en Galicia. A esta reunion tamén asistíu o presidente de Agalcari e o director do Museo do Mar de Galicia.
Pronto empezará o proceso de inventariar as embarcacións de interese patrimonial, para o que se vai visitar distintos portos para recoller datos insitu. Posteriormente estes datos serán tratados e difundidos públicamente mediante unha base de datos en internet e un catálogo impreso. É probable que posteriormente poidan ampliarse estes traballos e crear algún sistema que actualice a información.
A existencia dun inventario das embarcacións tradicionais é unha vella demanda da FGCMF e de moitos interesados neste tipo de embarcacións, xa que é un primeiro paso imprescindible para poder artellar medidas de protección e promoción adecuadas.
Dado que o proxecto ten como obxectivo a promoción da carpintería de ribeira tamén se van inventariar as instalacións de construción naval en madeira que ainda existen, para nunha fase posterior estudiar medidas que axuden ao desenvolvemento do sector e poñan en valor elementos que lle son propios como a sustentabilidade e o respeto medioambiental.