Narrativas Digitais é un proxecto piloto para ensaiar métodos e tecnoloxías para a construción colaborativa de narrativas dixitais audiovisuais das comunidades costeiras, co obxectivo de que as comunidades poidan crear as súas propias historias sobre a súa vida e o uso do ecosistema costeiro e desa forma favorecer a cohesión da comunidade e a participación en procesos de coxestión do ecosistema.
As dúas comunidades seleccionadas foron Aguiño e Cairu, esta última no estado da Bahia, en Brasil, e o proxecto é promovido polo grupo Recursos Marinos y Pesquerías da Universidade da Coruña, e o Instituto de Humanidades, Artes e Ciências da Universidade Federal da Bahía.
Un elemento importante do proxecto é a utilización de ferramentas dixitais (foto, video, son, etc.), para facilitar a creación e difusión de materiais. Entre estas ferramentas estase traballando co uso de xeoposicionamento (GPS).
Arriba tendes o album de fotos de Xulio, un dos participantes no proxecto. No web do proxecto hai moitas máis fotos, presentacións e outro tipo de materiais.
2 cometarios sobre “Narrativas digitais. Aguiño – Cairu”
Comments are closed.
Interesante proxecto, pero si é para “empoderar” á comunidade non debería aparecer o galego por algún sitio?
Non sendo algún informe dos rapaces participantes parecería que Aguiño está en Huelva.
Seguro que hai persoas que non falan galego en Aguiño, pero dos que traballan no mar non penso que pasen do 1%.
Subscribo o comentario anterior.
Non entendo como unha actividade promovida por unha Universidade Galega, sobre temas mariñeiros e do ecosistema costeiro de Aguiño (Galicia), para autocoñecemento da súas formas de vida e, por riba, coparticipando cunha comunidade de fala lusófona (de orixe común co galego), ven empregando o castelán.
Serei eu a radical?