O Museo do Mar, que levaba un tempo pechado instalando a sua colección permanente, vai abrir o vindeiro 21 de decembro.
A mostra constará de máis de 400 pezas, entre as que están maquetas a escala 1/2 de antiguas bateas, unha máquina de vapor, etc. e un enorme acuario.
Están previstas varias exposicións temporais durante o 2008.
A partir do día 21 de decembro as persoas visitantes poderán coñecer o acuario e a exposición permanente de martes a xoves de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas, os venres e sábado de 10 a 22.30 horas e os domingos de 10 a 21 horas.
Máis información no web da Consellería de Cultura.