O Património da água e as Embarcações Tradicionais do Noroeste de Portugal


No Espai Marina Tradicional do Salón Náutico de Barcelona participou João Paulo Baptista, representante da Associação Barcos do Norte, onde, ademais de expoñer un moliceiro, fixo unha presentación sobre os barcos tradicionais do noroeste portugués (1,5MB), da que son autores el mesmo e Ivone Baptista de Magalhães.
A mensaxe que no fondo transmite é a importancia de non esquecer os nosos barcos:

Tal como os velhos pescadores das comunidades sardinheiras, as mais sofridas com a morte à vista, na barra ou na beirada da praia, sempre com aquela Fé, sem ciência, que os faz acreditar ingenuamente que os seus mortos só morrem, verdadeiramente, quando os esquecem.
Esta Feira Náutica – Marina Tradicional é prova de que os nossos barcos tradicionais só morrerão verdadeiramente quando os esquecermos. As fotografias que o público anónimo faz dos nossos barcos, as reportagens que saem nos jornais locais, os jovens que participam como tripulantes a bordo dos barcos tradicionais, os livros que se escrevem, a Arte que se faz a propósito e estes Encontros de embarcações, são a materialização da sua sobrevivência.


É un documento de gran interese, que recomendamos ler de vagar.
A foto de arriba está tirada da presentación, e é un panel decorativo feito con restos de barcos, pola associação ADRIP, Cacela Velha, Tavira, no 1986.
Actualización: solucionados os problemas para abrir o arquivo

5 cometarios sobre “O Património da água e as Embarcações Tradicionais do Noroeste de Portugal

  1. Felicitaciones por su trabajo en el Salón de Barcelona. Es un honor tener como compañeros a los de Associação Barcos do Norte.

  2. Podemos felicitarnos de ter na Feeración a xente como Joao e tamén a colaboración da súa irmá. Hai que lembrar que el sempre estivo con nós en todas as singraduras pola que pasou a Federación e o seu entorno. Compre lembrar, unha vez máis, o esforzo impar que estes amigos nosos do norte fan para ter contactos e pontos de interese comun con Galicia.
    Pero, ademáis fan as cousas mui ben. Boa proba é este docuento aquí presentado que non desmerece nadiña do nível que por aquí se ve… e aínda diriamos que o supera e certos aspectos.
    Recomendo a todos aqueles a prestar atenci´ñon aeste traballiño e os próximos que seguramente virán no futuro. Portugal tan preto e tan lonxe é un estereotipo que ás veces resulta ser certo. Ademáis de estar aí, tan xunto a nós, aínda hoxe é unha fonte de sorpresas agradables para quen se interese pola etnografía naval. Por se fora pouco teñen unha tradición de investigación de embarcacións populares que se remonta ó desparecido Octavio Lixa Filgueiras que asemade tiña interese nas nosas embarcacións polo parentesco e afinidade de certas comunidades piscatorias do norte. E mesmo mostrouse interesado en participar activamente na súa valorización.
    Todo isto é paradicirvos que, alén de xenéricas afinidades os amifos portugueses estiveron mui con nos. Hai que recoñecelo e con muito agrado por certo !

  3. Agradeço ao João Baptista por me ter dado a conhecer este site. Vou deliciar-me por aqui vendo as actividades da Federação e vendo as fotografias, que já sei serem muitas…
    Muito obrigada

Comments are closed.