Raigame. Revista de Arte, Cultura e Tradicións Populares


A revista Raigame, que é gratuita, está publicada pola Deputación de Ourense, e está centrada principalmente no estudo da cultura popular.
Nesta revista téñense publicado interesantes traballos relacionados co mar e os ríos. Por exemplo no número 17 (17 MB) hai varios artigos: sobre os barcos do tramo ourensán do Miño da autoría de Olga Gallego, sobre os barcos de carga e pasaxe do Cávado de Ivone Baptista de Magalhães e João Baptista, e sobre os da zona de Valdeorras de Xabier Roo.
No número 19 (22.5 MB) publica un artigo de Francisco Calo Lourido sobre os traballos de etnografía mariñeira de Xaquín Lorenzo, e no número 22 (8 MB) un traballo sobre hidrotoponimia de Xosé Lois Vilar e Roberto Rodriguez.
Todos estes traballos teñen unha mais que notable calidade, que xustifica unha lectura demorada. Raigame é unha excelente publicación, moi coidada, tanto no seu contido como no seu continente.