Unha nova exposición para préstamo

Os autores de exposición “As embarcacións tradicionais do Arco Ártabro ata Ribadeo” fixeron doazón dela á FGCMF para poñela a disposición de calquera asociación ou institución interesada en mostrala. Esta exposición da que xa temos falado, vense xuntar ás outras cinco que neste momento xa están ao préstamo.

Para poder disfrutar desta exposición so hai que contactar coa FGCMF e facerse cargo dos gastos derivados do transporte, ou ir buscala en persoa á sede da Federación.
Agradecemos a Bernardo Máiz e Enrique Freire que poñan a disposición de todos este traballo tan importante pola amplitude e polos poucos estudos que había sobre esta zona.

O video de arriba recolle a presentación que fixo Bernardo Máiz da exposición cando foi mostrada pola Asociación Monte da Estrela en Arteixo