Visita escolar ao Joaquín Vieta




A “Asociación Joaquín Vieta” de Noia, organizou visitas dos centros escolares da zona de Noia ao asteleiro “Hermanos Abeijón” do Freixo, onde tivo lugar a primeira fase da restauración do balandro Joaquín Vieta.
No IES do Porto do Son manteñen unha actividade de audiovisual: SonCine. Filmaron a súa visita; esta é unha montaxe de urxencia. Para o Encontro de Muros, onde vai asistir o Joaquin Vieta esperan poder contar cunha nova montaxe, máis aquelada, para que poda ser visualizada no propio balandro.