‘Nova Ardentía’ é a Revista Galega de Cultura Marítima e Fluvial editada por Culturmar.
Naceu en xullo de 2004, inicialmente co nome de Ardentía, baixo a dirección de Luís Rei Núñez (1960-2015) e cos membros do Colectivo Etnográfico Mascato do Salnés como principais redactores, coa misión específica de arroupar a celebración do Encontro de Embarcacións Tradicionais que organiza a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial.
O obxectivo da revista é publicar traballos dentro do seu ámbito temático que teñan unha contrastada calidade e interese, e tentando que parte de cada número estea relacionado coa actualidade do tempo no que se pública.
‘Nova Ardentía‘ dispón dunha páxina web propia coas revistas publicadas e información sobre o xeito de colaborar.