Na Asemblea Xeral Extraordinaria celebrada o sábado 27 de xuño no Auditorio da Xuventude de Cambados, Culturmar renovou a composición da súa Xunta Directiva.
Manuel García Sendón, até agora presidente da federación, e Víctor Fernández, que durante anos ocupara tamén o cargo, finalizan a súa participación no organismo directivo após décadas de dedicación e entrega. Ambos foron despedidos con palabras de profundo agradecemento por parte dos colectivos presentes e dos seus compañeiros de traballo na defensa da cultura marítima e fluvial, recoñecendo a súa traxectoria de compromiso e os seus magníficos logros á fronte de Culturmar.
A nova Xunta Directiva estará presidida por Pepe Sacau Fontenla, membro da Asociación Mar de Muros que viña ocupando até este momento o cargo de secretario. A equipa foi tamén reforzada con novas incorporacións e redistribuíronse algunhas das responsabilidades individuais.
Eis a nova composición da Xunta Directiva:
| Presidente |
José Luis Sacau Fontenla Asociación Mar de Muros |
| Vicepresidente |
Xaquín Lores Torres Grupo Etnográfico Mascato |
| Secretario |
Daniel García Níñez Asociación Cultural e Deportiva Dorna |
| Tesoureiro |
Enrique Sendra Ortega Asociación Recreativa Mar da Pedra de Amigos das Gamelas |
| Vocal |
Pablo Carrera López Asociación Amigos do Museo do Mar de Galicia |
| Vocal |
Marcos Buide Pollán Asociación Cultural Lajareu por Barlovento |
| Vocal |
Alberte Mozo Quintela Asociación de Mariñeiros Artesanais e Deportivos San Miguel de Bouzas |