O vindeiro venres 15 cúmprense 120 anos da entrada en funcionamento do faro de Cabo Vilán, o primeiro faro eléctrico da costa española. A Asociación de Empresarios y de Promoción Turística de Camariñas organiza para ese día un evento de conmemoración co título A posta en marcha do faro de Cabo Vilán e que consistirá en tres conferencias, dúas exposicións e a proxección dun documental de 1958.
As conferencias serán:
A lenda da Costa da Morte. Naufraxios e faros como desencadeantes para a activación dun patrimonio marítimo por Jesús Angel Sánchez García, profesor da Universidade de Santiago.
A aportación da empresa Cerdeimar a electrificación do faro, por Andrés Cerezos Lemus, xerente de Industrias Cerdeimar.
Unha luz na noite por Tania Carreira Rial, técnica de turismo.
As exposicións mostran noticias da época da inauguración e fotos de Ramón Caamaño cedidas por Chete Pose.
(Vía Que pasa na Costa)