130 anos de naufraxios en fotografías

Os Gibsons son unha familia de fotógrafos das illas Scilly, ao sudoeste de Cornwall (UK), que desde 1872 fixeron fotografias dos naufraxios que tiveron lugar na zona. O National Maritime Museum de Greenwich acaba de mercar máis de 1000 negativos destas fotografías nunha subasta en Sotheby’s por 122.500 libras.

Os Gibsons teñen unha web, Gibsons of Scilly, onde se poden mercar copias en papel das súas fotografías. Agora xa non está dispoñible esta opción para as vendidas. No web hai un catálogo de naufraxios e é moi recomendable ver as relativamente poucas imaxes dispoñibles (a pesar da enorme marca de auga que teñen).

(Imaxe Sotheby’s)

Un comentario sobre “130 anos de naufraxios en fotografías

  1. 122.500 Libras! Desde logo non van conseguir recuperalas vendendo copias. Será que lle dan valor ás fotos máis aló do seu rendemento económico?
    Aquí tamén se lles dá valor, pero seica como valen moito o mellor é que nadie as vexa, menos as da Memoria do mar non hai forma de ver outras non sendo que vaias velas en persoa aos arquivos.

Comments are closed.