Está aberta a inscrición de barcos para o XII Encontro de embarcacións tradicionais de Galicia, que vai ter lugar en Cabo da Cruz do 9 ao 12 de xullo de 2015.
Neste momento xa hai inscritos 15 barcos, e para darse unha idea da súa diversidade decir que nestes 15 barcos hai representadas 13 tipoloxías distintas.
Recomendamos facer a inscrición o antes posible para facilitar o traballo dos organizadores no referente a atraques e loxística en terra.
(Imaxe: o batel Mario)