Coa inscrición do Joaquín Vieta acadamos os 40 barcos inscritos. Hai barcos de Francia, Gran Bretaña, Irlanda, Cataluña, Pais Vasco, Andalucía e Galicia.
Lembramos a necesidade de que os que pensen participar no XII Encontro inscriban o barco o antes posible para facilitar o traballo dos organizadores, sobre todo dos encargados da loxística no mar e en terra.
(Imaxe: Saltillo, de Pedro Seoane)