O vindeiro 6 de marzo, se o tempo o permite, vaise botar en Falmouth, Cornwall, unha reprodución dun barco da Idade de bronce. Os pasados 10 meses o carpinteiro Brian Comby e un numeroso grupo de voluntarios construíron o barco sen cravos no National Maritime Museum Cornwall usando as ferramentas das que se supoñen que dispoñían os construtores orixinais. O sistema para unir os “bances” do barco é o uso de cabos para coser e pasadores de madeira.
O deseño do barco nace do estudo dos restos de tres barcos atopados en North Ferriby entre 1937 e 1963 e que supuxeron unha enorme sorpresa xa que mostran unhas características moi complexas e un tamaño considerable. O barco construído ten case 50 pes (máis de 15 metros) e pesa preto de 5 toneladas.
No vídeo de abaixo podedes ver un “time lapse” da construción completa do barco.
(Foto tomada de 2012 BC : Bronze Age Boat)