50 barcos inscritos no XI Encontro

A listaxe de barcos inscritos para participar no XI Encontro xa chega aos 50. As persoas que teñan previsto asistir co seu barco ao Freixo que por favor fagan a inscrición o antes posible para facilitar o traballo dos organizadores, sobre todo da comisión de navegación que debe prever os atraques e fondeos, e da comisión de loxística que precisa ter datos aproximados de tripulantes para preparar o aloxamento e manutención.