5ª Edición do Curso de carpintaría de ribeira dos Patexeiros

Está aberta a preinscrición no Curso de carpintaría de ribeira que organizan os Patexeiros en Lorbé. O curso que tivo un notable éxito nas catro edición anteriores está impartido por carpinteiros de ribeira profesionais.

O curso iniciarase o vindeiro 21 de febreiro. Só hai 15 prazas dispoñibles en total. É unha boa oportunidade para que os interesados na carpintería de ribeira poidan iniciarse neste fermoso traballo ou ampliar os coñecementos que xa teñan adquirido antes.