O GALP Costa Sostible ten o pracer de convidarche a asistir ao evento: O TURISMO, O PATRIMONIO E A PESCA COMO FONTE DE XERACIÓN DE EMPREGO E DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO. Esta actividade ten como obxectivo expoñer casos de éxito en outras áreas da xeografía española exportables ao territorio do GALP Costa Sostible.

A cita terá lugar o vindeiro xoves 14 de febreiro no Coliseo Noela. Para asistir só terán que inscribirse respondendo a este correo electrónico ou inscribíndose no seguinte formulario: http://bit.ly/XORNADATPP

Rógase que se, unha vez feita a inscrición, non puideses asistir nolo comuniques coa maior brevidade posible.

PROGRAMA:

17:00 – Apertura do evento

17:15 – PRESENTACIÓN: A labor do GALP Costa Sostible e contextualización da actividade.

– Manuela Oviedo – Xerente do GALP Costa Sostible

17:30 – ESPAI DEL PEIX – Un espazo para a contribución á sustentabilidade, o maior coñecemento dos produtos do mar e a súa gastronomía.

– Mikel Martí – Director

18:00 –ALBAOLA – A creación dun universo marítimo no entorno de Pasaia.

– Hermelinda Pedroso – Directora

18:30 – MERCADO LA RECOVA – A autoxestión, o cooperativismo e a diversificación da oferta.

– Miguel Ángel Luis Ravelo – Dirección marketing e persoal

19:00 – RESIDENCIA CAMPO ROMANOS – Innovación nos servizos residenciais.

– Marta Reinares – Directora

19:30 – ROLDA DE PREGUNTAS

20:00 – ÁGAPE

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


The reCAPTCHA verification period has expired. Please reload the page.