Volve por sexta vez o Curso de carpintaría de ribeira e mantemento de embarcacións tradicionais que organizan os Patexeiros de Sada. O curso ten as mesmas características que en edicións anteriores: eminentemente práctico, impartido por profesionais, 40 horas, clases de catro horas os sábados pola mañá. O prezo é de 220 euros, con descontos a desempregados, socios do CN Recreativo de Sada e socios dos Patexeiros. Está previsto que o curso comece o 27 de febreiro e remate o 30 de abril.
Está aberta a preinscrición. As prazas dispoñibles son 18, pero se non se acada un mínimo de 15 alumnos non se levará adiante o curso.
O feito de que esta sexa a 6ª edición fala claramente do interese que este curso desperta e da calidade do profesorado e da organización. É unha moi boa oportunidade para aprender os rudimentos do traballo do carpinteiro de ribeira e para adquirir os coñecementos necesarios para facer un bo mantemento dun barco.