Hoxe ás 20:30h. na Capitanía Marítima de Baiona (Avda. Elduayen 20, 1º andar) terá lugar a segunda das actividades programadas no ciclo “75 anos despois” polo Instituto de Estudios Miñoranos, na que o historiador Dionisio Pereira vai presentar o seu libro “Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939)”.