O 31 de outubro de 1933 o Cabo Vilán foi declarado Sitio de Interese Nacional, polas súas calidades naturais e paisaxísticas. A Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas e o Concello de Camariñas organizarán unha serie de actos nos vindeiros 12 meses para conmemorar este evento. Os días 13 e 14 de decembro vaise presentar no Faro Vilán a programación, unha páxina web sobre o Faro e faranse un par de mesas redondas sobre os temas Cabo Vilán, Sitio Natural, coa presenza dos historiadores Antón Castro, Manuel Vilar e Eliseo Fernández, e Faro Vilán, arquitectura do espazo batente, que contará coa presenza de Juan Creus polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e un representante do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia.
(Vía Que pasa na Costa)
(Imaxe Luis Alves)
Comments are closed.
Un comentario sobre “80 anos do Cabo Vilán como Sitio de Interese Nacional”
I really appreciate this post. I’ve been looking all over for this! Thank goodness I found it on Bing. You’ve made my day! Thanks again! fkkebdeeeecd