O patexeiro Balbina volveu ao mar despois de varias semanas no carro para reparacións. Pouco a pouco Os Patexeiros, os seus armadores, van restaurando este barco único construido en 1944. No blog da Balbina pódese seguir a evolución da recuperación deste importante elemento do patrimonio marítimo galego.