O vindeiro venres 24 de xaneiro ás 20:00 h vaise presentar no Museo Massó o libro A bordo das Ons, escrito por Marta Lemos Jorge, e que foi editado polo Concello de Bueu coa colaboración da Rede de Parques Nacionais e a Xunta de Galicia.
O libro fai un repaso pola historia de Ons nos séculos XIX e XX a través das demandas dos veciños da illa de Ons sobre a titularidade das terras.