Hoxe estaba atracada na Laxe en Vigo a caravela Boa Esperança. Arriba tendes unha foto deste barco, botado en 1990 e con 75.000 millas navegadas, que pertence a Turismo do Algarve e ten matrícula de Sagres.
Actualización: pódese visitar a caravela ata o 17 de maio de 9:30 a 12:30 e de 14:30 a 18:30. Na páxina de modelismonaval.com hai unha completa reportaxe fotográfica sobre este barco.
(Foto C.M. Marisma Ramallosa)