A Colección Antonio Rama no Museo Massó


 

Antonio Rama, reporteiro gráfico xa xubilado e coleccionista de obxectos e antigüidades relacionados coa navegación, ven de doar unha colección de obxectos ao Museo Massó. A doazón consta de case duascentas pezas que se están a catalogar no museo para organizar posteriormente unha exposición temporal con elas antes de incorporalas á súa exposición permanente.

Nesta doazón hai obxectos que non existían nos fondos do museo, entre eles destacan un telégrafo para a transmisión de manobras dende o barco de 1885 ou tamén un sextante circular ou círculo de reflexión, instrumento de navegación xa moi escaso en todo o mundo. Xunto a estes forman parte da doazón instrumentos de navegación, pistolas lanzabengalas de diferentes épocas, unha lanterna de faro, placas identificativas de barcos procedentes de estaleiros galegos, etc.

Os nosos parabéns ao Museo Massó por esta doazón que incrementa o valor que para calquera interesado no mar ten xa este museo, e sobre todo o noso agradecemento a Antonio Rama por decidir que estes obxectos que foi xuntando co seu esforzo ao longo da súa vida sexan parte do patrimonio de todos ao doalos ao Museo Massó.
 

(Imaxes: Museo Massó)

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


The reCAPTCHA verification period has expired. Please reload the page.