
O venres 12 de marzo, ás 19:30, a asociación Mariña Patrimonio organiza unha charla que nos achegará á historia da industria conserveira nesta comarca a través do caso das empresas de Damián López (DALO).
Podedes participar na charla a través da páxina de Facebook de Mariña Patrimonio, onde a asociación desenvolve con asiduidade actividades deste tipo abertas ao público.
Esta charla contará coa colaboración da Área de Cultura da Deputación de Lugo e nela participarán os historiadores Xoán Ramón Fernández Pacios e Xosé María Leal Bóveda.
Etiquetas