A de Purro segue sen solución, transitoria ou definitiva.

A pasividade ou a falta de definición de cal é a administración responsable de manter ou restaurar o Estaleiro da Banda do Rio en Bueu está comprometendo a súa supervivencia. A pesar de que Patrimonio resolveu incluir o estaleiro no Inventario do Patrimonio Cultural de Galicia, non se avanzou na súa conservación e agora despois de que o alcalde pedise un informe os técnicos municipais advirten do perigo de derrubamento do teito se non se toman medidas adecuadas.
Noticia no Faro de Vigo

Foto: G. N. (Faro de Vigo)
(Vía Os Galos e Salvemos o Asteleiro)