A Deputación de Pontevedra anuncia fondos para o asteleiro de Purro en Bueu

A prensa recolle nos últimos días o anuncio por parte da Deputación de Pontevedra de dotar con 112.000€ o proxecto de restauración do Estaleiro de Purro ou Estaleiro da Banda do Rio, situado en Bueu.

Esta achega permitiría finalizar o groso dos traballos iniciados neste singular enclave histórico da carpintaría de ribeira. Unha vez completado o proxecto, o estaleiro xa musealizado estará aberto ao público que poderá mergullar nesta actividade fundamental para entender a nosa relación co mar ao longo dos séculos.

O proxecto de rehabilitación do estaleiro comezou en 2013 con un concurso de ideas convocado polo Concello de Bueu e durante os últimos anos foi avanzando co apoio de diversas institucións e organismos. Semella que, co anuncio desta nova partida, podería por fin darse o salto cualitativo de abrir as instalacións ao público de maneira estable.

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


The reCAPTCHA verification period has expired. Please reload the page.