O 13 de setembro deu comezo no Club Nàutic Cala Gamba as regatas da 28ª edición da Diada de Vela Llatina. Este encontro, que converteu en referencia da navegación tradicional en Baleares e o resto de España, alcanzou este ano unha cifra récord de inscricións con 51 embarcacións procedentes de clubes de Mallorca e Menorca, ademais de contar coa asistencia dunha embarcacións invitada de honra de Galicia, a Sobrada.
Santiago Mougán Rodríguez, Mónica Leiro Búa, Mari Carmen Otero Treviño e Ángel Manuel Iglesias García, pertencentes á Asociación Fasquía, da Illa da Arousa, visitaron por primeira vez Mallorca coa Sobrada, en representación da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial – Culturmar
Unha das razóns de ser da Diada de Vela Llatina é xustamente dar a coñecer a navegación tradicional balear noutros sitios e coñecer tamén experiencias similares noutros lugares. Con esta fin, cada ano a organización invita a unha embarcación de fóra. Nesta ocasión, navegou na Diada a dorna polbeira Sobrada. O tripulante Ángel Iglesias contaba aos organizadores como viviron a experiencia en Mallorca: “Foi unha experiencia moi enrequecedora. Viñamos a Mallorca coa incerteza do que ía pasar pero a acollida foi espléndida. Quédome co recibimento e o cariño da xente”.
O desprazamento puido levarse a cabo grazas ao financiamento da Consellería do Mar da Xunta de Galicia.
Aquí vos deixamos unhas fermosas fotografías cedidas polo clube Cala Gamba.