A exposición “Embarcacións do Arco Ártabro ata Ribadeo” no Museo do Mar

A exposición Embarcacións do Arco Ártabro ata Ribadeo chega ao Museo do Mar. A inauguración será mañán, 10 de febreiro, ás 19:30 h.
O acto contará ca presenza de Enrique Freire Hermida e Bernardo Máiz Vázquez, responsables do proxecto premiado ao abeiro do Premio Didáctico Antonio Fraguas organizado polo Museo do Pobo Galego, e desenvolto polos alumnos do IES Concepción Arenal de Ferrol.