Parece que a Universitat Politècnica de Catalunya decidiu vender o edificio no que ten a súa sede a Facultat de Nàutica de Barcelona para conseguir financiamento. Non está claro que a Facultat vaia quedar en Barcelona e hai sospeitas de que finalmente acabe en Vilanova i la Geltrú. Desde 1769 Barcelona tivo Escola de Náutica, logo Facultade, e desde 1932 a Facultat de Nàutica ocupa o edificio que é actualmente a súa sede.
O Museu Marítim de Barcelona acaba de facer pública unha nota na que lamenta esta situación, sobre todo tendo en conta que este é un elo máis na cadea de acontecementos que están a facer que Barcelona perda pouco a pouco elementos importantes da súa relación co mar.
No blog Naucher, de Javier Moreno Rico, pódese seguir os acontecementos arredor deste tema, tamén se pode ter información sobre o proceso de degradación paulatina do patrimonio marítimo de Barcelona, e de como pouco a pouco a zona portuaria se está a converter nunha zona de alto standing. Naucher tamén é unha boa fonte de información sobre a mariña mercante española, sobre todo no seu aspecto social.
(Imaxe Javier Moreno)