Está aberta na sala multiusos do Concello de Viveiro a exposición A fala mariñeira, feita polos alumnos de cinco colexios de Covas, Celeiro, Viveiro, O Barqueiro e O Vicedo.
Os rapaces recolleron palabras, ditos, refráns, etc relacionados co traballo no mar, cos que elaboraron murais, xunto aos cales tamén se mostran máis de 70 fotos antigas da zona.
Neste documento podedes ver una pequena parte dos elementos da exposición.
A exposición estará aberta ata o 23 de abril en horario de 16:00 a 20:00 horas.
Parabéns aos mestres e aos rapaces por este traballo.