A FGCMF apoia a conservación dos estaleiros de Moaña

A Asemblea da FGCMF reunida en Moaña o pasado sábado 15 de novembro decidíu apoiar a conservación dos estaleiros de Casqueiro e Carlagho. A Asemblea reuníuse no estaleiro de Casqueiro en Moaña, fora da sede da FGCMF, a proposta de Sueste para que os membros dela poidesen ter información de primeira man sobre a importancia e a situación dos estaleiros de Carlagho e Casqueiro.

Estes son os puntos aprobados pola Asemblea:
1.­ A FGCMF apoia as iniciativas de rexeneración e ordenación urbana como a que se quere levar a cabo na zona da Seara que leva implícita a exornación da franxa costeira e construción dun paseo marítimo. Porén esta actuación debe ser compatíbel coa conservación e posta en valor dos elementos patrimoniais que singularizaron dita contorna, nomeadamente as carpintarías de ribeira do “Carlagho” e “Casqueiro”.

2.­ A FGCMF, apoia o estudo de alternativas que permitan esta conservación como o proxecto presentado pola A.V.V. A Praia – A Seara de Moaña, que integra modernidade e tradición.

3.­ A FGCMF fai chamamento ás distintas administracións públicas para que, no momento de caducidade das concesións, as carpintarías de ribeira de “Carlagho” e “Casqueiro” pasen a ben público destinadas á divulgación dos saberes da construción naval en madeira, tal como aconteceu na vila de Bueu coa Carpintaría de Ribeira de “Purro”.

4.­ A FGCMF apoia, en definitiva, o MANIFESTO POLA CONSERVACIÓN, POSTA EN VALOR E MUSEALIZACIÓN DAS CARPINTARÍAS DE RIBEIRA DE “CARLAGHO” E “CASQUEIRO” (MOAÑA).

Poderiamos resumir estes catro puntos en que a FGCMF quere que se constrúa o paseo marítimo, pero que se respete e integre no proxecto o patrimonio da zona, especialmente os estaleiros e o seu acceso ao mar.

A FGCMF chama a calquera que estea de acordo co Manifesto mencionado a apoialo e enviar ás institucións (Concello de Moaña, Demarcación de Costas, Consellería do Mar, Autoridade Portuaria de Vigo, etc.) noticia dese apoio.

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


The reCAPTCHA verification period has expired. Please reload the page.