A FGCMF no Saló Nautic Internacional de Barcelona


Do 7 ao 15 de novembro a FGCMF vai participar no Espai Marina Tradicional dentro do Saló Nautic de Barcelona.
Ademais do stand con publicacións e material divulgativo, vaise levar material para ensinar as técnicas de aparellamento de dúas embarcacións tradicionais.
Tamén está previsto, como xa dixemos anteriormente, que participe Victor Fernández, presidente da Federación, na Xornada técnica sobre embarcacións históricas o venres 13 de novembro.