A industria do polbo no Museo Marea

A exposición Da cova da rocha á feira: pesca, comercio e consumo de polbo en perspectiva histórica que está aberta no Museo Marea do Porto do Son está a ter unha boa afluencia de público. Esta exposición estará aberta ata o 6 de outubro.

O polbo foi un produto moi importante desde o punto de vista económico. Eran moitos os kilos de polbo que logo de secado saían camiño dos pobos e cidades do interior. Esta exposición dá conta dese mercado do polbo seco, hoxe practicamente esquecido e que foi substituído polo polbo conxelado.