A Irmandiña camiño de Francia

O pasado 28 de xullo embarcou en Vigo a Irmandiña, camiño de La Baule, en Francia. A Irmandiña, unha dorna meca aparellada con cangrexa, vai participar no Rally La Baule – San Vicente que parte de La Baule o vindeiro día 9 de agosto.

340 millas, será a travesía máis longa feita a bordo dunha dorna. A tripulación esta formada por Pepe Garrido, Ramon Albert, Antonio Grandio e Oscar Babé. Desexámoslles sorte e bo vento neste desafío.

(Imaxe: Jose Manuel Rodríguez)

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


The reCAPTCHA verification period has expired. Please reload the page.