A Locum virá a Muros


Non só van vir grandes barcos, tamén pequenas esloras pero que son tan interesantes como as grandes. É o caso desta iola de Ness, a Locum, que ten o porto base en Saint Pierre d’Oléron, na Charente Maritime, Francia.
A iola de Ness é un tipo de barco orixinario das Shetland, e que no caso do Locum foi construido polo seu propietario a partir dun kit.
No sitio web da Locum poderedes atopar fotografías do seu proceso construtivo, dos numerosos eventos nos que participou, e información das asociacións relacionadas co patrimonio maritimo de Charente Maritime.
A fotografía de arriba mostra en primeiro plano a Locum, e foi sacada do seu web.