O vindeiro luns día 16 na Guarda a exposición O Mar Mirado e en Cambados a exposición Do Areal ao Peirao poderán ser visitadas nos propios pósitos de pescadores. Asemade, para o martes día 17 tamén comezará as súas singraduras a exposición Con Pés no Mar no pósito de Malpica de Bergantiños. Unha viaxe que levará estas exposicións por 24 concellos costeiros ao longo diste ano 2009. En total, 72 itinerancias que acomete o Museo do Mar de Galicia como segunda fase do proxecto A Memoria do Mar patrocinado pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos e desenvolto en colaboración coa Federación Galega de Confrarías de Pescadores.
Cada exposición recalará dúas semanas en cadansúa vila, nos folletos de abaixo podedes ver as datas das itinerancias de cada exposición.
4 cometarios sobre “A Memoria do Mar comeza a súas singraduras”
Comments are closed.
No Jrobe non nos interesan estas cousas.
Xa non nos tiveron en conta desde un principio na recollida de fotografías,,, terán o deu criterio, ou ijual lles justa faserse de rojar?
Parece que quen decideu onde se recollían fotos foi a Federación de Confrarías.
Vale pero no Jrove esta Superman de consejal de Cultura e sejuro que o Patrón Maior tamén manda moito en Pesca. Arrejlaremolo. e se non imos a Cambados que tampouco esta tan lonxe e parese que alí son mais amijos da Federasion esa