A nova Lei do Patrimonio Cultural de Galicia

No portal de Cultura acaba de publicarse o pasado día 6 o borrador do anteproxecto de Lei do patrimonio cultural de Galicia.

Hai aberto un período dun mes para que calquera persoa poida achegar as suxestións que considere oportunas. Para facer suxestións hai que usar o modelo e seguir unhas instrucións concretas. O prazo remata o 8 de xullo de 2015.

Neste borrador hai novidades respecto da lei vixente, entre outras a presenza do patrimonio inmaterial e os patrimonios subacuático, industrial e científico e técnico.

Pero o máis importante é que por primeira vez aparecen recollidos de forma explícita, dentro do patrimonio subacuático, etnolóxico e industrial principalmente, os elementos máis importantes do patrimonio marítimo e fluvial galego. Ábrese a oportunidade de conseguir que o patrimonio marítimo e fluvial teña presenza na lexislación galega. Esto é o rédito do traballo de moitos anos e de moita xente, membros ou non da FGCMF, a prol do noso patrimonio. Se finalmente a lei inclúe explicitamente o patrimonio vinculado ao mar e aos ríos será un fito, non será a fin do traballo, faltan os regulamentos, os censos, a aplicación en cada caso concreto, etc. pero con todo teremos dado un grande paso para a protección do noso patrimonio.

(Imaxe: Curso de carpintaría de ribeira. Patexeiros)

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


The reCAPTCHA verification period has expired. Please reload the page.