O vindeiro sábado 19 de novembro ás 12:00 h vaise inaugurar a nova sede de Mariñeiros de Bouzas, non moi lonxe de súa sede de sempre. A partir de agora Mariñeiros de Bouzas terán un espazo adecuado no que traballar no coidado dos seus barcos e na recuperación das novas incorporacións á súa flota, que non é pequena.
Este edificio marca un fito no devir desta asociación, un novo logro que ven xuntarse ao seu pantalán de barcos tradicionais que está operativo desde o ano 2008, adicado exclusivamente a museo flotante de barcos tradicionais, cun notable éxito de publico visitante.
Os nosos parabéns a Mariñeiros de Bouzas polo seu traballo ao longo de tantos anos para conseguir esta infraestrutura tan necesaria para o seu labor de salvagard
a do noso patrimonio marítimo. Un traballo dificil que implicou contactar e convencer a varias institucións e ao que o sábado se lle vai poñer o ramo.