A “Peza de Rabo” sae ó mar. É a primeira recuperación das tradicionais Dornas de Tope

O vindeiro mercores, día das Letras Galegas, e como xa ven sendo costume nos últimos anos, a Asoc. Cultural e Deportiva Dorna, da Illa, dalle a benvida ás novas incorporacións á flota de embarcacións tradicionais. Este ano unha moi especial, a da Dorna de Tope que se chamará “Peza de Rabo” como a peza do aparello do xeito do mesmo nome. Os homes e mulleres que dende a “Escola” da ACD. Dorna coordina Juan Luis Iglesias “Pardavila”, xa teñen todo a punto, e soio se espera que o mercores as 12,00 da mañán soen as gaitas e a embarcación sea presentada a sociedade no muelle do Cantiño. No mesmo acto tamén se bautizará a dorna polbeira “Montañesa” que suma unha máis dentro desa importante laboura de dinamización do patrimonio maritimo.

Recordamos que a “Peza de Rabo”, contrariamente o seu ordinal dentro do aparello do xeito será a primeira Dorna de Tope que sairá ao mar dentro do proxecto que dende a Federación Galega pola Cultura Maritima e Fluvial se está a desenvolver en colaboración coa Deputación de Pontevedra, para a recuperación de esta tipoloxía, e o mesmo tempo buscar a utilización dos asteleiros de cada zoa. Agardan xa as primeiras cuadernas da “Andisía” do Clube Mariño Salnés de Cambados, da “Barbafeita” do Nautico da Illa ou da “Lavanqueira” da A. Fasquía, tamén na Illa. E xa xa están en marcha outros proxectos que espallarán esta embarcación polas Rias Baixas pontevedresas.

Boa singladura para a “Peza de Rabo” e a “Montañesa” que arrancan a tempada de navegación da ACD. Dorna e poñen fin á Escola de Inverno, onde nas diferentes instalacións que cada ano recollen as embarcacións na súa pelegrinaxe invernal a Vilaxoan e a Cambados, se estiveron a facer labouras de mantemento e preparación para a navegación