A praia das dornas chámase así porque cando Ons tiña unha poboación notable todo o ano esta praia era o lugar onde os barcos, as dornas, varaban. Hai filmacións que mostran a dificultade de chegar á praia cando traballa o mar, non era fácil que pasase mais dunha dorna a un tempo o que obrigaba aos mariñeiros de Ons a agardar a súa vez para entrar.
A pasada fin de semana a praia das dornas, en Ons, volveu ter “inquilinas”. Cada ano polo final do verán membros de colectivos da FGCMF da zona fan un “Desembarco en Ons“. Os tripulantes dos barcos pasan a fin de semana en Ons e aproveitan para facer unha pequena festa.