O Clube Mariño A Reiboa participa xunto a Escola de Música Tradicional de Poio os vindeiros dias 6 e 7 de xuño, na IV XUNTANZA DE GAITEIROS MANUEL VILLANUEVA. Como en anos anteriores estará na Reiboa-Poio (Pontevedra), é unha romeria tradicional na que teremos unha carpa con postos de artesania tradicional, embarcacións tradicionais, embutidos galegos, etc; e por suposto non faltara para o xantar o churrasco, empanada de millo e trigo, chourizos, criollos, polbo, pan, e todo a prezos moi populares. Esta romeria está aberta a todo o mundo e para todos aqueles interesados en amenizarnos coa sua música tradicional, teremos micros abertos. O sabado dia 6 a partir das 12:00h comezaremos coa romeria e ata que o corpo aguante e o domingo dia 7 continuaremos coa festa ata o remate que será sobre as 22:00h.