A Roncadeira no Miño

O pasado sábado 6 de xuño presentouse no Miño A Roncadeira, unha gamela guardesa adaptada para que poidan desfrutar da navegación as persoas discapacitadas ou con mobilidade reducida. A Roncadeira pertence ao Concello da Guarda e está cedida ao club Alagua quen se encargará da súa dinamización. O seu nome ven dunha pedra na foz do Río Miño que cando é a marea seca ao chocar a auga do rio contra ela entón “ronca”.
No acto estaban presentes José Manuel Domínguez Freitas, alcalde da Guarda, Javier Crespo, concelleiro, a viúva de José Miguel Abellán Ruiz, antigo capitán marítimo da Guarda que se implicou no proxecto desta gamela, membros do Club Alagua e público en xeral, entre o cal había varios membros de colectivos da FGCMF.

Os encargados de navegar na gamela foron dous membros do Club Alagua e Pablo un veciño da Guarda. O tempo axudou e a navegación foi perfecta. Os tripulantes da gamela indicaron que foi moi fácil a manobra polo deseño do seu aparello.

(Fotos: José Manuel Rodríguez)

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


The reCAPTCHA verification period has expired. Please reload the page.