O vindeiro sábado día 17 de outubro ás 19:30 h vaise presentar no Museu Marítim de Barcelona o libro A Rumbo. A.López-Cia. Trasatlántica, escrito por Lino J. Pazos e editado por Damaré edicións.
Este libro estuda a historia da Compañía Trasatlántica, desde a súa creación por Antonio López ata a súa desaparición logo de pasar a mans do INI. A Trasatlántica foi unha das máis importante compañias españolas.