A Segunda Armada Invencible.

O vindeiro día 14 de marzo, ás 19 horas, vaise presentar no Paraninfo da Universidade da Coruña o libro La Segunda Armada invencible: pesqueros gallegos en el Gran Sol.
Michael J. Carroll narra neste libro, desde a perspectiva irlandesa, a vida dos mariñeiros galegos que acudían a Bantry, no condado de Cork (Irlanda) entre os anos 1946 e finais dos setenta.
O libro (ISBN: 978-84-9745-218-2) é publicado polo Instituto Universitario de Estudios Marítimos e o Instituto Universitario de estudios Irlandeses Amergin, ambos da Universidade da Coruña.

Un comentario sobre “A Segunda Armada Invencible.

  1. Terminei este libro nesta semana e a valoración xeral e boa. Esta ben coñecer da man dos de aló o “desembarco” da flota galega no sur de Irlanda. De doada lectura , pódenselle perdoar certas “licencias literarias” sobre todo no seu primeiro viaxe A Coruña, e algunhas ,supoño que erratas de tradución , o referirse os barcos dedicados a pesca de arrastre falase deles sempre como “cerqueiros” sendo que o termo mais “aceptable” para nomealos seria o de “arrastreiros”.

    Por outra banda, a figura e a sona do pai do escritor “o Señor Juan Carroll”, nome polo que era coñecido entre os tripulantes dos arrastreiros galegos no Gran Sol naqueles anos, chegou de algunha maneira hasta min, pois nos últimos anos da década dos 70, cando eu comecei a mandar barcos de pesca e a frecuentar os peiraos coruñeses, o nome do Señor Juan Carroll , aínda era pronunciado a cotío , sempre con certo ton de “veneración” entre os vellos mariñeiros que no seu día foron atendidos no porto de Bantry por el.

    Saúdos

Comments are closed.