O Consell de Mallorca declarou a vela latina, entendida como “técnica de navegación, con todos os seus utensilios e oficios”, como Ben de Interese Cultural Inmaterial (BICI).
Esta declaración supón un importante paso na salvagarda da navegación tradicional e das numerosas actividades asociadas a ela, así como do patrimonio técnico, cultural e mesmo lingüístico que naceu arredor dos oficios do mar.
Este recoñecemento ven precedido da elaboración dun minucioso informe sobre a vela latina –asinado polo técnico de Patrimonio Marítimo Bernat Oliver– no que se inclúe unha memoria histórica, descricións detalladas sobre a práctica e elementos materiais empregados, unha relación das diferentes tipoloxías de embarcacións e un completo glosario.
Desde Culturmar congratulámonos desta magnífica nova e parabenizamos ás administracións da illa e ao tecido asociativo que hoxe mantén viva a práctica da vela latina.
Podes consultar todos os detalles no web do Consell de Mallorca.